A nosa finca está nos montes da freguesía de Santiago de Amoroce (Celanova), ao surleste da Galiza, perto da raia de Portugal. É unha facenda de gando vacún de raza Salers e Cachena, criado en réxime extensivo e alimentado só con forraxe e cereais, ao xeito tradicional.

 

/